Co obxectivo de axudar a novos emprendedores a acadar habilidades

para xestionar pemes, a Unión Europea vén de lanzar o cuarto ciclo do

programa europeo de intercambio de emprendedores e empresas –Erasmus

for Young Entrepreneurs– que se desenvolve en Galicia coordinado por

Uninova (USC) e que estará en vigor ata fin de 2013.

Ao amparo deste programa, os emprendedores galegos que teñan un plan de empresa, ou coa súa empresa xa constituida  e cun máximo de tres anos funcionando,

terán a oportunidade de compartir unha estadía  de entre un e seis meses cun empresario experimentado doutro país da UE. Por outro lado, tamén se poden acoller ao

programa empresas galegas con máis de tres anos de experiencia interesadas en acoller a un emprendedor doutro país.

Este programa constitúe unha oportunidade para os emprendedores de aprender de empresarios con máis experiencia que dirixan unha pyme noutro país da UE,

facilitándolle o acceso e novos socios, aliados e mercados. Do mesmo xeito, tamén os empresarios participantes poderán abrir o seu mercado a outros países

comunitarios.

Máis información e inscricións:

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025