Servizos Xerais
Horario, contacto e funcións de Secretaría, Intervención, Tesourería e Rexistro Xeral.
Atención e contacto
Persoal
- Secretario – Interventor
- Dalmiro Nuñez Mendez
- Administrativa de secretaría
- Adela Lamela
- Administrativo de intervención
- Anselmo Caeiro
- Rexistro xeral
- Lourdes García
Funcións
Secretaría Xeral
- A función de fe pública respecto das sesións e actos dos órganos do Concello
- O asesoramento legal preceptivo
- A coordinación das tarefas burocráticas que desenvolven os distintos servizos municipais nos aspectos xurídico-administrativos
Intervención e Tesourería
Intervención e Tesourería encárganse da fiscalización económica, orzamentaria e financeira, o desenvolvemento da contabilidade municipal referida ao orzamento municipal, o control da recadación municipal, o manexo e custodia de fondos e avais e control e realización de todo tipo de pagos, así como a atención a provedores.
Outros servizos
Dependen tamén deste servizo:
- Padrón de habitantes
- Impostos municipais (colaboración coa Deputación)
- Contratación
- Rexistro Xeral
