Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Escudo do Concello de Boqueixón

FESTAS E FEIRAS

Forte s/n

15581 BOQUEIXÓN (A Coruña)

Telfs: 981 513 061 – 981 513 052

Fax: 981 513 000

Festas e feiras

Feiras periódicas, gastronomía, Entroido e festas das parroquias de Boqueixón.

Feiras-mercado

Feira-mercado de Lestedo
primeiro e terceiro domingo de mes.
Feira-mercado de Rodiño (Sergude)
segundo domingo de mes.

Festa da filloa

A festa da filloa nace polo Antroido do ano 1984, converténdose co paso do tempo nunha das festas gastronómicas máis importantes da comarca, atraendo cada ano a milleiros de persoas ao campo da festa de Lestedo, lugar onde se celebra.

O produto exaltado, a filloa, é a sobremesa de antroido por excelencia que consiste nunha masa preparada a base de leite, fariña e ovos que admite diferentes formas de preparación. En Lestedo é posible degustalas soas, recheas de mel, de chourizo, etc.. As filloeiras contan que o gran segredo da súa elaboración é manter a pedra na que se elaboran as filloas sempre á mesma temperatura, para que acaden unha textura semellante ó papel de fumar.

Entroido

A parroquias de Sergude dende hai mais de 50 anos mais recentemente a de Lestedo, que recuperou esta tradición anos atrás, protagonizan o tradicional Entroido da zona da Ulla, os Xenerais do Ulla. os “Xenerais e Correos”, cos seus atrancos e os seus altos. As comparsas saen por parroquias e á fronte van os correos, en número indeterminado pero reducido, montados en elegantes cabalos e adiantados da comitiva para anunciar a súa chegada.

Son a avanzada do pequeno exército parroquial que chega detrás ao mando dos xenerais. Uns e outros chaman a atención polos seus uniformes de gala e os seus tricornios cheos de plumas de cores cos que van percorrendo todas as aldeas lanzando “vivas” ós veciños e entoando cánticos que rematan có “Encontro ou Atranque”, auténtico enfrontamento verbal e rimado entre correos e xenerais de carácter satírico e burlesco que é seguido atentamente polos veciños.

Á fin, impoñerase ó tino e trala dureza dialéctica chegarase a un amaño pacífico.

Na parroquia de Codeso celébrase un orixinal antroido protagonizado por unha fermosas carrozas fabricadas e decoradas polos veciños de cada aldea, convertidas en auténticos teatros ambulantes, nas que se representan escenas satíricas relativas a noticias acontecidas nos últimos meses.

Tríptico Xenerais do Ulla (PDF)

Festas das parroquias

Festas relixiosas e verbenas. Preme en cada parroquia para consultar as datas habituais publicadas polo Concello. Consulta a programación de cada edición.

Boqueixón
San Vicente
o día 22 de xaneiro
San Xosé e o Santísimo
última fin de semana de agosto
A Granxa
Romaría de San Sebastián do Pico Sacro
o día 20 de xaneiro e o último domingo de maio.
San Lourenzo
os días 10, 11 e 12 de agosto
Codeso
Festa das Flores
1º ou 2º domingo de maio
San Antonio e San Paio
último domingo de xuño
Santa Baia, o Carme e o Corpus
10, 11 e 12 de decembro
Donas
Santa Rita
22 de maio.
San Pedro e o Santísimo
29 e 30 de xuño
Sucira
Santa Mariña
os días 18, 19 e 20 de xullo
Gastrar
Santa Mariña
18 de xullo
A Nosa Señora do Socorro
o 2 º domingo de agosto
Lestedo
Romaría de San Sebastián
o día 20 de xaneiro e o último domingo de maio
A Nosa Señora
15 e 16 de agosto
Corpus Christi
domingo seguinte ao día 15 de agosto
Virxe de Lourdes
segundo domingo de setembro
Lamas
Santo Cristo e a Candelaria
última fin de semana de abril
A Nosa Señora
15, 16 e 17 de agosto
Loureda
San Pedro, o Santísimo e o Rosario
29 e 30 de xuño e 1 de xullo
A Nosa Señora do Carme
primeiro domingo de agosto
Oural
San Amaro
o día 15 de xaneiro
San Isidro
o domingo seguinte ao 15 de maio
A Nosa Señora
o 15, 16, e 17 de agosto
Ledesma
San Salvador
6,7 e 8 de agosto
San Ramón
o día 31 de agosto
A Nosa Señora do Rosario
o día 7 de outubro
Pousada
A Pascuiña
mes de marzo
San Lourenzo
10, 11 e 12 de agosto
Sergude
Festa das Flores
o 20 de maio
San Antonio e o Santísimo
segunda fin de semana de xuño
Romaría de San Bieito
segundo domingo de xullo
San Breixo
primeira fin de semana de outubro
Vigo
San Antonio
o día 13 de xuño
A Nosa Señora das Dores
terceiro domingo de setembro
A Nosa Señora da Saeta
cuarto domingo de setembro
Santa Baia e o Santísimo
10 e 11 de decembro