Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Escudo do Concello de Boqueixón

ALOXAMENTO

Forte s/n

15581 BOQUEIXÓN (A Coruña)

Telfs: 981 513 061 – 981 513 052

Fax: 981 513 000

Aloxamento en Boqueixón

Albergue, casas e cabanas para coñecer Boqueixón e a súa contorna. Por orde alfabética.

Ver aloxamentos
Cabana de madeira de María Manuela Enoturismo entre os carballos

Albergue Raíña Lupa

Lugar de Deseiro- Sergude

Albergue familiar inaugurado en 2018. Dispón de 14 prazas en liteira e 4 en camas, distribuídas en 2 habitacións dobres con baño e 1 habitación con liteiras con 14 camas. Conta con servizo de sabas de tea e toalla, duchas, auga quente, calefacción,  salón de xogos e lectura, terraza, lavadora e secadora.

Casa da Americana (I, II)

Forte, s/n- Boqueixón

Casa restaurada en 2023.

Casa con dúas vivendas totalmente independentes.

  • Casa da Americana I: Capacidade para 6 persoas.
    Todas as comodidades dun hotel como se estiveras na túa casa.
    Dispón de cociña e salón comedor integrado na planta baixa e un aseo. Habitación principal con cama de matrimonio grande e baño privado completo, outra habitación de matrimonio e un baño completo xeral. No baixo cuberta, atópase unha habitación con cama “King” e zona de estar propia.
  • Casa da Americana II: Capacidade para 8 persoas.
    Dispón de cociña e salón comedor integrado na planta baixa e un aseo. Dispón de habitación principal con cama de matrimonio grande e baño privado, outras 2 habitacións de matrimonio e un baño completo xeral. No baixo cuberta, atópase unha habitación con cama “King” e zona de estar propia.

A parte exterior común a ámbalas dúas vivendas, está composta por solario con zona verde, e unha pérgola ideal para xantar ó aire libre, facer un churrasco ou tomar o sol.

Casa de Casal

Cachosenande-Lestedo

Típica casa rústica galega do século XVIII, coñecida inicialmente como Casa das Mulas e máis tarde como Casa dos Reitores, foi recentemente restaurada mantendo intacta a súa arquitectura tradicional. Dispón de nove habitacións dobres con baño e fío musical, unha delas acondicionada para minusválidos, ademais de amplos salóns, terraza, lareira, lagar, servicio de comedor e calefacción central.

Na finca de 45.000 m² que rodea a casa atópase unha carballeira, árbores froiteiras, camelias, horta e invernadoiros de flores. A súa privilexiada situación a escasos 100 m da Ruta da Prata, itinerario de peregrinaxe a Compostela, permite ao visitante achegarse ata ó cumio do Pico Sacro.

Casa Turística Norema

Travesía de Cachosenande, nº 18 – Lestedo

Vivenda de uso turístico de casi 300 m² distribuídos en 2 plantas, dispoñible para un máximo de 10 persoas durante todo o ano. Acondicionada coas seguintes comodidades necesarias: zona de lavadora e secadora, cociña, salón, comedor, zona de xogos cunha mesa de billar e outra de futbolín, 3 baños completos (un deles dobre), 3 habitación matrimoniais, 1 habitación de liteiras e 1 habitación cunha cama individual convertible en dobre. Tamén conta cun soportal na entrada, unha zona exterior, parking gratuíto dentro do aloxamento e unha zona de grellada.

María Manuela Enoturismo

Lugar do Pazo, nº3. 15882 Boqueixón

María Manuela ofrece aos visitantes seis cabanas colgantes de madeira integradas nunha fermosa carballeira, respectando ao máximo os valores naturais e ambientais da contorna e con capacidade para 18 persoas.

Este conxunto de cabanas ubícase a carón dunha plantación de uva albariño enmarcada na D.O. Rías Baixas.

Aúnase así a paixón polo viño e polo turismo, creando Enoturismo María Manuela, un lugar máxico no que desconectar e desfrutar da natureza.
Proxecto gañador no 2020 do premio Agader á iniciativa de desenvolvemento rural na sección de Turismo.