logo_RX2A Deputación da Coruña vai desenvolver en colaboración co concello de Boqueixón accións formativas dirixidas a persoas desempregadas dos concellos de A Baña, Ames, Brión, O Pino, Teo, Boqueixón, Touro, Vedra.

A formación enmárcase no proxecto RedeXiana2 (Xestión Integral, Accesibilidade, Novas Tecnoloxías e Adaptabilidade no mercado laboral galego), cofinanciado pola entidade provincial e o Fondo Social Europeo.

Boqueixón achega as súas instalacións municipais para a impartición de accións formativas de Obradoiros de empregabilidade, Habilidades sociais e comunicacións, Responsabilidade social, Igualdade, Medio ambiente na agricultura.

As persoas participantes formarán parte dos itinerarios formativos e de inserción laboral previstos no proxecto, a través dos cales poderán recibir a formación adecuada ás súas necesidades formativas e a orientación e titorización individualizada e de xeito permanente ao longo de todo o itinerario.

O obxectivo final consiste nunha maior profesionalización das persoas desempregadas e a súa inserción no mercado laboral en termos de calidade e responsabilidade social, en virtude do Pacto Provincial polo Emprego Responsable na provincia da Coruña, asinado polos 91 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes que participan no proxecto RedeXiana2.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025