Axudas para constituir e iniciar a actividade de sociedades de fomento forestal

ORDE do 30 de decembro de 2013 pola que se convocan as axudas para constituír e iniciar a actividade de sociedades de fomento forestal (Sofor) para o ano 2014 da Consellería do Medio Rural e do Mar

OBXECTO: convocar as axudas para constituír e ini­ciar a actividade de sociedades de fomento forestal (sofor) mediante convocatoria aberta en réxime de concorrencia competitiva. As bases reguladoras desta convocatoria son as contidas na orde do 2 de xullo de 2013 (DOG. núm. 133, do 15 de xullo de 2013).

LIÑAS DE AXUDA: Mediante esta orde convócanse dúas liñas de axuda:
a) Liña 1 de axudas para constituír sociedades de fomento forestal (Sofor).
b) Liña 2 de axudas para iniciar a actividade das sociedades de fomento forestal con inscrición definitiva no Rexistro de Sofor (RSofor).
SOLICITANTES E BENEFICIARIOS:

Liña 1 de axudas para constituír sociedades de fomento forestal (Sofor):
·    As agrupacións de persoas propietarias forestais constituídas formalmente e inscri­tas no Rexistro de Asociacións da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza de Galicia.
·    Outras entidades xurídicas de dereito privado que agrupen persoas propietarias forestais cunha finalidade de xestionar e comercializar en común os recursos forestais dos terreos que xestionen, inscritas segundo a lexislación sectorial que lle sexa de aplicación.
·    As Sofor con inscrición previa no rexistro (RSofor) para conseguir a súa inscrición definitiva, sempre e cando non obtivesen subvención para a súa inscrición previa.

Liña 2 de axudas para iniciar a actividade das sociedades con inscrición definitiva no Rexistro de Sofor (RSofor):

Poderán solicitar as axudas para iniciar a actividade de Sofor que se regulan no artigo 6 desta orde as Sofor con inscrición definitiva no Rexistro de Sociedades de Fomento Fores­tal (RSofor).

CONCEPTOS SUBVENCIONABLE:

→ Liña 1 de axudas para constituír as socieda­des de fomento forestal (Sofor).
Os conceptos subvencionables para constituír unha sofor e inscribila no RSofor son os seguintes:
a)    o custo de investigación da propiedade e clasificación dos terreos en que se aplique un sistema acreditado e obxectivo de valoración dos dereitos de aproveitamento forestal.
b)    os gastos notariais de constitución da sofor.
c)    o cartel informativo (modelo do anexo x)
→ liña de axudas para iniciar a actividade das sociedades con inscrición definitiva no RSofor. Os conceptos subvencionables nesta convocatoria para iniciar a actividade das socie­dades con inscrición definitiva no RSofor son os seguintes:
a) Os gastos notariais e rexistrais necesarios para realizar a concentración privada das propiedades forestais integradas na Sofor.
b) os custos de redacción do proxecto de obras e infraestruturas comúns.
c) os custos de execución de infraestruturas comúns.
d) os custos de redacción do instrumento de ordenación e xestión forestal.
e) o cartel informativo (modelo do anexo X) que están obrigadas a colocar nun lugar visible nos terreos obxecto da subvención.
Durante o período desta convocatoria, unicamente se poderá conceder, como máximo, unha subvención para cada un dos conceptos descritos nas líneas a) ao d).

LUGAR DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE: a documentación presentarase na sede electrónica ou por calquera outro medio válido en dereito.

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 31 de xullo de 2014.

DOCUMENTACIÓN PARA ACHEGAR COA SOLICITUDE: consultar o artigo 8 da ORDE.

+ INFO: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140122/AnuncioG0165-140114-0011_gl.pdf

 DOG. núm. 133, do 15 de xullo de 2013: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130715/AnuncioG0165-090713-0001_gl.pdf

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025