Aberto o prazo para facer propostas de nomes para a Escola Infantil Municipal

Dende a Dirección da Escola Infantil Municipal de Boqueixón, con motivo do seu décimo aniversario, estase a traballar nunha serie de iniciativas para conmemorar a súa fundación, por este motivo, queremos facer participes a tólolos veciños para que propoñan nomes , atendendo sobre todo a criterios como son a tradición ou que este relacionado con Boqueixón.

Os nomes propostos irán acompañados dos datos da persoa que o propón  e unha brevemente argumentación, pódense presentar na Escola, Concello ou ven por correo electrónico (concello@boqueixón.com) antes do 31 de marzo.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025