Programa Galeuropa

ORDE do 20 de febreiro de 2014 pola que se establecen as bases que rexen as axudas para o programa Galeuropa a mozos e mozas para a realización de prácticas formativas non remuneradas en empresas de calquera Estado ou país, agás España, e se procede á súa convocatoria da CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR (DOG. núm. 41 do 28 de febreiro de 2014).

OBXECTO: Concesión de axudas para a mozos e mozas galegos e galegas para estancias de prácticas formativas non remuneradas que se realizarán en empresas de cal­quera Estado ou país estranxeiro, agás España.

As prácticas terán unha duración de 8 semanas cun mínimo de 25 horas formativas semanais, e desenvolveranse no período comprendido entre o día seguinte ao da publicación da resolución definitiva de persoas beneficiarias e o 30 de outubro de 2014.

DESTINATARIOS/AS

Poderán solicitar as axudas as mozas e os mozos que cumpran os requisitos esta­blecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e ademais os seguintes:

a) Ser galego/a e estar empadroado/a en calquera concello de Galicia.

b) Ter entre 18 e 30 anos ao remate do prazo de presentación de solicitudes.

c) Estar en posesión dalgunha das titulacións sinaladas nos parágrafos seguintes, acre­ditada por calquera centro público ou privado de Galicia, ou estar en condicións de obtela no momento de presentar a solicitude:

– Título de técnico/a ou técnico/a superior (grao medio ou superior) de Formación Pro­fesional, de Ensinanzas Profesionais de Artes Plásticas e Deseño ou de Ensinanzas De­portivas.

– Título universitario de grao ou equivalente (licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a e diplomado/a, arquitecto/a, técnico/a, enxeñeiro/a técnico/a ou titulacións equivalentes das Ensinanzas Artísticas Superiores)

d) Que a dita titulación se obtivese nos cinco anos inmediatamente anteriores á data da convocatoria.

e) Posuír coñecemento da lingua do país de destino elixido na solicitude cun nivel su­ficiente para desenvolver unha práctica formativa na empresa axeitada ao seu grao de formación académica. O coñecemento do inglés considérase válido como lingua vehicular para calquera país que non teña como lingua oficial o francés, alemán ou italiano.

PRAZO E FORMA DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

√ Poderán presentarse preferiblemente por vía electrónica ou por calquera outro medio válido en dereito.

√ O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

XUNTO COA SOLICITUDE DEBERÁ ACHEGAR:

a) Currículum vítae modelo europeo.

b) Copia do DNI.

c) Copia do título académico ou documentación acreditativa de disposición de obtelo.

d) Certificado de empadroamento

e) Copia do título de idiomas ou certificado acreditativo dun dos niveis encadrados no Marco Europeo de Referencia das Linguas (mínimo A1).

5. A elección do país de destino na solicitude será vinculante. A presentación da solicitude implica a aceptación das bases.
FINANCIACIÓN: A contía máxima por participante, por 8 semanas, é a indicada na seguinte táboa. A contía adxudicada a cada persoa beneficiaria corresponderase coa cantidade que esta xustifique dentro dos límites da contía máxima sinalada:
 

País de acollida

Importe 8 semanas

País de acollida

Importe 8 semanas

País de acollida

Importe 8 semanas

Alemaña

1.875 €

Finlandia

2.290 €

Malta

1.710 €

Austria

2.040 €

Francia

2.205 €

P. Baixos

2.040 €

Bélxica

1.955 €

Grecia

1.875 €

Polonia

1.625 €

Bulgaria

1.465 €

Hungría

1.710 €

Portugal

1.790 €

Chipre

1.790 €

Irlanda

2.125 €

R. Checa

1.790 €

Croacia

1.875 €

Islandia

2.040 €

R. Unido

2.400 €

Dinamarca

2.400 €

Italia

2.125 €

Romanía

1.540 €

Eslovaquia

1.710 €

Letonia

1.625 €

Suecia

2.290 €

Eslovenia

1.875 €

Lituania

1.625 €

Turquía

1.710 €

Estonia

1.625 €

Luxemburgo

1.955 €

Outros

2.400 €

+INFO: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140228/AnuncioCA05-210214-0001_gl.pdf

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025