Convocadas probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2014, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación da CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR ( DOG. Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 2014)

OBXECTO: Convocar probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego no ámbito da comunidade Autónoma de Galicia.

Así mesmo, establecer as posibles exencións ás probas e validacións das distintas com­petencias clave. Así como consideracións sobre a expedición de certificados de profesio­nalidade. Comptencias clave que se convocan:

Comunicación en lingua galega, comunicación en lingua castelá, comunicación en lingua estranxeira (inglés), competencia matemática.

No anexo IV desta resolución especifícanse as competencias clave requiri­das para acceder aos certificados de profesionalidade por familias profesionais

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E PRAZO
√ A participación nestas probas deberá formalizarse presentando solicitude segundo o modelo que se establece no anexo I desta resolución
√ O prazo para presentala é a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata o 10 de abril de 2014.
√ Poderán presentarse preferiblemente por vía electrónica ou por calquera outro medio válido en dereito.

REALIZACIÓN DAS PROBAS DE AVALIACIÓN EN COMPETENCIAS CLAVE

O lugar e datas das probas de avaliación en competencias clave serán expostos na páxina web e nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e das xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar. O calendario da convocatoria inclúese no anexo II desta resolución.

+ INFO: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140312/AnuncioG0164-050314-0005_gl.pdf

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025