Axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios, que por causa sobrevida ou imprevista teña dificultades económicas para continuar estudos

ORDE do 20 de marzo de 2014 pola que se establece o procedemento de concesión, baixo o réxime de concorrencia non competitiva, de axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios, no curso académico 2013/14, nas universidades do Sistema universitario de Galicia, que por causa sobrevida ou imprevista teña dificultades económicas para continuar estudos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (DOG. núm. 64, mércores 2 de abril de 2014)
Obxecto: concesión de axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxe­ñeiro técnico e arquitecto técnico, no curso académico 2013/14, nas universidades do Sis­tema universitario de Galicia, cunha necesidade urxente de recursos económicos motivada por causas sobrevidas e imprevistas que lles impidan ou dificulten a continuidade dos seus estudos.

Requisitos dos/as solicitantes:

a) Necesidade urxente de recursos económicos para paliar a situación de emerxencia derivada dunha causa sobrevida ou imprevista, que acontecese no curso académico 2013/2014 (orfandade absoluta, falecemento pai/nai/titor legal, desemprego do sustentador principal, enfermidade grave, violencia doméstica, vítimas de actos terroristas, separación, divorcio, ruína ou quebra familiar e outras circunstancias non recollidas que sendo xustificadas repercutan na situación socioeconómica familiar).
c) Estar matriculado, no curso académico 2013/14, como mínimo en 50 créditos.
d) Que a renda per cápita da unidade familiar non sexa superior ao importe anual da pensión non contributiva individual para o ano 2014 é dicir 5.122,60 euros.
e) Non ter percibido esta axuda con anterioridade.

Solicitudes e prazo de presentación: A documentación presentarase na sede electrónica ou por calquera outro medio válido en dereito. O Prazo de presentación das solicitudes:
– Se a causa sobrevida/imprevista aconteceu con anterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.
– Se a causa sobrevida/imprevista acontece con posterioridade á publicación da orde, o prazo de presentación de solicitude será dun mes desde que aconteceu a causa Neste caso, a data límite para a presentación das solicitudes é o 1 de setembro de 2014.

Documentación: Copia do DNI,  xustificación da causa sobrevida ou imprevista, informe do/a traballador/a social do concello, cert. académica ou extracto do exp. académico do curso académico 2013/14.

Contía: Para determinar a contía da axuda terase en conta como criterios de distribución os seguintes limiares de renda per cápita:
Limiares renda                                             Contía da axuda
Ata              3.600 €                                            2.500 €
De             3.601 € a 4.100 €                             2.000 €
De            4.101 € a 4.600 €                             1.500 €
De            4.601 € a 5.122,60 €                        1.250 €

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025