Os Bolechas e o Sabichón

falaredesO 30 de maio, ás 18:00 horas,  na Casa da Cultura de Camporrapado

Os Bolechas e o Sabichón é un espectáculo de monicreques manipulados por actores á vista onde se simulará un concurso. Este enfrontará a Braulio e a Loli, que solicitarán a participación e a complicidade do público para vencer.

Mediante esta estratexia, poténciase a identificación dos nenos e nenas asistentes cos seus protagonistas, que son un referente positivo estreitamente asociado ao galego, pois Os Bolechas falan sempre a nosa lingua: nos libros, nos programas de televisión e nos espectáculos coma este.

+ información

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025