Os alumnos e alumnas de 2º ESO do CPI Antonio Orza Couto comezan o obradoiro “Saber…Drogas” no que recibirán formación sobre os tipos de drogas e as consecuencias do seu abuso, mitos e crenzas, cambio de valores, publicidade, presión grupal, toma de decisións, tempo de lecer…
Asimesmo, o alumnado de 6º de Primaria asistirá durante o mes de novembro ao obradoiro “Saber…habilidades sociais”  no que se abordarán contidos como estilos de comportamento,  a comunicación  interpersoal, resolución de conflitos, decir non,  adestramento en habilidades sociais: asertividade, empatía, escoita activa…
Estes obradoiros están organizados polo Servizo de Prevención de Drogodependencias e condutas adictivas de Boqueixón, Teo e Touro, coa colaboración da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.
- Categoría (s): Boqueixon
 - Publicada o
 
OBRADOIROS DE HABILIDADES SOCIAIS E DE PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS PARA ALUMNOS DO CPI
Comparte esta nova:
 																			 										Facebook									 																	
 													 																			 										Twitter									 																	
 													 																			 										LinkedIn									 																	
 													 																			 										WhatsApp									 																	
 													 																			 										Email									 																	
 													 																			 										Imprimir