AXUDAS PARA UN CURSO INTENSIVO DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA EN INGLÉS EN ESPAÑA

  • Descrición:

Os beneficiarios asistirán a un curso intensivo de inmersión lingüística en inglés dunha semana de duración, en distintos puntos de España, convivindo e realizando actividades en réxime de internado con persoal angloparlante nativo de países de lingua inglesa.

  • Destinatarios:

Alumnos becarios, que cumpran os requisitos establecidos.

  • Requisitos:
    • Data de nacemento entre o 1 de xaneiro de 1995 e o 31 de decembro de 1998.
    • Ter a condición de becario, no curso 2014/15, da convocatoria xeral de becas do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte conforme a la Resolución de 28 de julio de 2014 de la Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional y Universidades pola que se convocan becas para os alumnos de niveis postobrigatorios de ensinanza.
    • Estar matriculado no curso 2014/2015 en:
      • Bacharelato
      • Ensinanzas profesionais de música e danza
      • Grao medio de Formación Profesional
      • Grao medio de artes plásticas e deseño
      • Grao medio de ensinanzas deportivas
      • Ensinanzas de idiomas de nivel intermedio ou avanzado
    • Ter aprobado totalmente o curso inmediatamente anterior e haber obtido en dito curso unha nota final mínima de 7,00 puntos na asignatura de inglés.
    • Terán preferencia os solicitantes que obtiveron unha puntuación superior.
       
  • Dotación:

A axuda cubre todos os gastos de ensinanza, material, manutención  e aloxamento, aínda que o alumno seleccionado debe aboar 100 € á empresa encargada da formación.

  • Prazo de presentación
    • Do 17 de marzo de 2015  ata o 9 de abril de 2015
  • Cómo realizalo?:

A través da web do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, mediante formulario on-line.

  • Publicación da convocatoria: BOE núm. 64 de 16 de marzo de 2015

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025