Campaña «Separemos ben, reciclaremos mellor»

Éste domingo 5 de xullo na Feira  de Lestedo, vaise  desenvolver a Campaña «Separemos ben, reciclaremos mellor» que promove a Consellería de Medio Ambiente e Sogama. É unha campaña de información e concienciación sobre a recollida selectiva e o reciclaxe. O obxectivo que se persegue é reducir a cantidade de materiais  non desexados nos colectores amarelos. Para ísto, educadores ambientais informarán sobre qué residuos hai que depositar en cada tipo de colector, co fin de mellorar a reciclaxe xa que a día de hoxe existen  aínda algunhas dúbidas á hora de separar correctamente os residuos nos fogares.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025