Presentación do Campo de Traballo Dragal 2015

O vindeiro domingo, 2 de agosto de 2015 ás 12:00h. no cumio do Pico Sacro, terá lugar a Presentación do Campo de traballo DRAGAL 2015 que se desenvolverá na primeira quincena de agosto e que acollerá a 20 rapaces de Europa e Asia.

A Fraternidade do Dragón é un proxecto transmedia derivado da obra da escritora Elena Gallego. Dentro deste universo desenvolvemos diferentes contidos que achegarán significado ó conxunto da historia literaria. A aportación do campo de traballo é facer unha posta en valor do patrimonio cultural e artístico galego, mediante a dinamización da zona do Pico Sacro e o Camiño de Santiago. Ese proxecto lévase a cabo coa financiación da D. X. de Xuventude e Voluntariado, organiza Centro de Ocio Vida Láctea e colabora o Concello de Boqueixón e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Nesta presentación contaremos coa intervención de Ovidio Rodeiro Tato, alcalde de Boqueixón; Valentín García Gómez , Secretario Xeral de Política Lingüística e Elena Gallego, xornalista e escritora da triloxía Dragal. Estarán presentes todos os participantes no Campo de Traballo e o equipo directivo.

O ev10953272_10207396775104329_8317555156767093468_n-1 (2)ento está aberto a todo o público que queira asistir.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025