Encontro da Fraternidade do Dragal- Pico Sacro 2015

Este venres 16 de outubro a partir das 10:30h., no cumio do Pico Sacro celebrase o II Encontro da Fraternidade do Dragal – Pico Sacro 2015 no que participarán 354 rapaces/as de 6 centro educativos de toda Galicia.

Este evento organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Concello de Boqueixón, xunto coa colaboración de Ramsa, ten un carácter lúdico- educativo no que os/as rapaces/as desfrutarán dunha serie de xogos rol en vivo, actividades de creación literaria e plásticas, diferentes dinámicas,…totalmente ambientadas na triloxía DRAGAL da escritora Elena Gallego Abad.

No referente ó Dragal e ó Pico Sacro, poucos persoaxes lexendarios se manteñen vivos na memoria colectiva como estes seres, os dragóns, que rozan a divinidade. Con inspiración no mito da “traslatio” do Corpo do Apóstolo Santiago que recollen as páxinas do famoso Códice Calixtino, sobre as que tamén se construíu o Xacobeo, Dragal nos redescubre a lenda da Raíña Lupa no Pico Sacro.

DRAGAL2015

 

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025