Programa “Xuntos polo Nadal”

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade organiza o Programa “Xuntos polo Nadal”, este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen só/soa nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, a perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias, podan pasar estas datas acompañado/da, Información e requisitos a seguir:

LUGAR E DATA

– Residencia tempo libre de Panxón (Nigrán)
– Do 23 de decembro de 2015 ao 2 de xaneiro de 2016

SERVIZOS: o programa “Xuntos polo Nadal” inclúe:

– Estancia na residencia durante 11 días (10 noites).
– Aloxamento, en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa.
– Desprazamento en autobús desde os lugares que se establezan por provincia ata as residencias de tempo libre e viceversa.
– Actividades de animación sociocultural.

PERSOAS BENEFICIARIAS:

– Ter 60 anos, cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
– Estar empadroado nalgún dos concellos galegos e vivir no seu domicilio.
– Ter que pasar só/a as datas do Nadal.
– Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade infecto-contaxiosa activa nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a convivencia.
– Non estar acollido/a nun centro residencial

SOLICITUDES E PRAZO DE PRESENTACIÓN:

– As solicitudes deberá presentarse antes do 20 de novembro de 2015, nos servizos sociais comunitarios dos concellos, nos departamentos de traballo social dos centros de saúde e hospitais, nas xefaturas territoriais ou centros sociocomunitarios de benestar, dependentes da Consellería de Política Social.

CUSTO DA PRAZA:

– As persoas participantes que teñan uns ingresos inferiores ao IPREM (532,51€/mes), asistirán de forma gratuíta ao programa, mentres que aquelas con uns ingresos superiores a dito importe contribuirán ao pago da estancia coa achega de 50 €.

DOCUMENTACIÓN:

As persoas ás que se adxudique praza terán que confirmar a súa asistencia e, no momento de incorporarse ao programa, ir provistas de:
• DNI ou pasaporte en vigor.
• Informe médico actualizado no caso de ter algunha limitación, alerxia ou enfermidade que requira algunha atención especial (control sanitario, tratamento farmacolóxico, alimentación, accesorio de apoio etc). De non levar a acreditación da necesidade, non se lle prestará ningún tipo de atención especial.
• Tarxeta sanitaria, medicación habitual necesaria e/ou accesorios para o transcurso do programa.

MÁIS INFORMACIÓN E SOLICITUDES : Servizos Sociais do Concello Teléfono 981 51 31 06.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025