Apertura do roteiro de sendeirismo Pico Sacro- Ponte Ledesma

O Concello de Boqueixón, entre as súas prioridades, destaca a preocupación pola coidado medioambiental, o mantemento dos espazos naturais de uso público e a mellora da calidade de vida da veciñanza que conleva a conservación da natureza no medio rural.

Con este fin, e en colaboración coa Deputación da Coruña, levouse a cabo a apertura dun roteiro de sendeirismo que descurre por 11 km. de preciosas paisaxes e recónditas paraxes dende o Pico Sacro ata Ponte Ledesma. Nunha segunda fase do proxecto está prevista a sinalización do mesmo.

Con esta ruta únense dous dos recursos naturais, culturais e históricos máis importantes do concello, que forman parte do noso patrimonio e, máis aínda, da vida da veciñanza de Boqueixón.

Durante o percorrido do roteiro os visitantes poderán coñecer zonas naturais de gran beleza e conxuntos etnográficos importantes como: a Igrexa de San Lourenzo da Granxa, Área Natural de San Paio e a súa fervenza, varios muíños de auga rehabilitados, Área Recreativa de Sucira, as Illas de Gres e a Igrexa de San Ramón en Ledesma.

IMG_0447 fotos concello 107

 

 

 

 

 

Pico Sacro                                                              Ponte Vella de Ledesma sobre o Ulla

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025