Convenio de colaboración entre o Concello de Boqueixón e a Asociación Falemos

BibliotecaConcelloInformática  OficinasGimnasioIMG-20160108-WA0001O Concello de Boqueixón asinou un convenio de colaboración coa Asociación Falemos, de Pais e Titores de Persoas Afectadas de Autismo e outros TXD (trastornos xeneralizados do desenvolvemento), aprobado na Xunta de Goberno do 20 de agosto de 2015.

A través do mesmo, e coa finalidade de favorecer a accesibilidade das persoas con espectro autista aos espazos públicos, colocáronse pictogramas en diversas instalacións culturais, deportivas e administrativas, para contribuír a superar as dificultades comunicativas deste colectivo, así como para favorecer a súa participación na comunidade.

 

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025