Un centenar de empresarios asistiron onte á xornada de traballo co conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, celebrada en Lestedo

IMG-20160119-WA0018O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, arroupado polos alcaldes de Boqueixón e Vedra, Ovidio Rodeiro e Carlos Carrillo, participou nunha xornada en Lestedo na que escoitou as propostas dos empresarios de Boqueixón e Vedra e lles trasladou as principais actuacións da Consellería, que ten activados preto do 70% dos programas de axudas para este ano, con convocatorias abertas que suman 185 millóns.

Salientou que o Igape ten en marcha convocatorias por 22 millóns de euros para apoiar os investimentos empresariais, destacando a aposta polas enerxías renovables e a biomasa que suman 9,7 millóns de euros e destínanse 9,5 millóns de euros a promover a eficiencia enerxética en industria e servizos.

Resaltou que na área de Emprego están activas liñas por preto de 100 millóns nas que se priorizan os colectivos máis desfavorecidos ou con menor empregabilidade.

O conselleiro convidou aos participantes no encontro celebrado en Boqueixón a empregar as diferentes ferramentas ao seu dispor para continuar creando riqueza e emprego.

A través de distintas liñas de axudas, os últimos anos a Consellería que dirixe Francisco Conde apoiou diferentes iniciativas empresariais e de fomento do emprego nos municipios de Vedra e Boqueixón cun total de 6 millóns de euros en axudas públicas.

IMG-20160119-WA0011IMG-20160119-WA0012

 

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025