O Concello de Boqueixón anima aos mozos e mozas do municipio a participar dos programas deseñados para eles a través de reunións de traballo nas distintas parroquias

IMG_20160305_180845_HDR

 

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e varios técnicos do concello, participaron na tarde do sábado nunha xuntanza con mozos e mozas do municipio de entre 16 e 24 anos, onde animaron á xuventude a participar nos diferentes proxectos e actividades que dende a casa do concello se deseñan para eles.

Deseñando o teu futuro, Iniciativa xove, Galeuropa, Voluntariado Xuvenil, Voluntariado Europeo…son algúns dos programas de participación xuvenil que se presentaron nesta xornada de traballo, e que permiten a xuventude a adquisición de coñecementos formais e non formais para un mellor desenvolvemento persoal.

Esta é a cuarta xornada de traballo que se mantén cos mozos e mozas das distintas parroquias do concello. A través destas sesións, preténdese fomentar a participación da mocidade, co propósito de estimular o seu espírito de protagonismo e liderado, a creatividade e o talento xuvenil e, sobre todo, permitir poñer en práctica as súas ideas relacionadas co lecer, a comunicación e as novas tecnoloxías, así como ensaiar novas propostas relacionadas co emprendemento e a empregabilidade.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025