Reunión informativa cos veciños e veciñas da parroquia de Gastrar

parr_gastrar3g

O vindeiro venres 6 de maio terá lugar ás 21:30h. no Centro de Interpretación dos Muíños (local social de Gastrar), unha reunión informativa cos veciños e veciñas desta parroquia.

Esta xuntanza pretende ser unha acción de democracia participativa e diálogo estructurado cos cidadáns, na que os veciños e veciñas poidan debatir e opinar sobre as accións estratéxicas que se están a levar a cabo dende o concello.

O obxectivo a medio prazo é consolidar estas xuntanzas e avanzar cara novas formas e instrumentos que faciliten a participación cidadá directa, na que poder dar resposta inmediata a calquera suxestión ou queixa cidadá.

Os temas a tratar nesta reunión serán os seguintes:

  1. Inventario Municipal de Camiños Públicos
  2. Oficina Técnica Municipal:
    • Licenzas e Comunicacións previas de OBRAS e ACTIVIDADES
    • Obras menores
    • Obras maiores
    • Distancia a lindeiros e cultivos
    • PXOM
  3. Información de Xestión Municipal

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025