O Pico Sacro punto de partida dos Bolechas cara as Olimpíadas de Río

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, xunto con Braulio e Pili Bolechas, presentaron no día de onte na cima do Pico Sacro unha nova actividade do programa de dinamización lingüística FalaRedes 2016: Os Bolechas van ás olimpíadas.

A actividade iniciará esta fin de semana en Boqueixón, o sábado 14 de maio ás 18:30h. na Casa da Cultura de Camporrapado, e percorrerá os 31 concellos da Rede de Dinamización Lingüística nos próximos meses.

Trátase dun espectáculo de monicreques manipulados por actores á vista que fomenta a participación en galego dos nenos e nenas na resolución do conflito proposto no guión: os famosos irmáns disputarán co seu antagonista Romualdo a participación nos Xogos Olímpicos de Río 2016.

Cartel bolechas

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025