A empresa Viveiros Compostela ubicada no lugar da Corna (Boqueixón) colabora na rodaxe da serie Fontealba emitida pola TVG

A empresa Viveiros Compostela, ubicada no lugar da Corna – Pousada, colabora activamente na gravación dos capítulos da serie Fontealba emitida pola TVG.

A empresa cede de forma desinteresada as súas instalacións, para a gravación das escenas de interior.

Esta serie comezou a rodarse a principios de agosto e trátase dun serial diario que se emite en horario de tarde e que está producida por Atlántida Media AIE, responsable entre outras de “O Faro”.

Sinopse:

‘Fontealba’ reflexará a historia dos Douro. Xa fai case vinte anos dende a marcha de Nina, desaparecida despois de celebrar a súa festa de 18 aniversario, tras unha discusión coa súa nai. Aquel fatídico día, a gran familia que formaban os habitantes da Casa Grande deixou de selo, quebrando o fráxil equilibrio da familia Douro. Moitas cousas pasaron dende entón, moitos acontecementos e sucesos que a familia vai ocultando e sufrindo…

As tensións, os odios e os conflictos emcionais que se mantiveron ata o de agora como un volcán en tensa calma están a punto de estoupar. Nin siquera os amores pasionais que se dan e se darán na familia, os novos nacementos nin as mortes imprevistas, serán motivo suficiente para que a familia Douro olvide o que, dunha maneira ou outra, está na mente de todos: o control do patrimonio dos Douro. Pero ademáis, e ante o asombro da familia, Nina regresa despois de case dúas décadas sen dar sinais de vida. E poñerá en marcha a súa venganza…

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025