Entroido na Escola Infantil Municipal Raíña Lupa

Os máis cativos e cativas da Escola Infantil Municipal Raíña Lupa de Lestedo (Boqueixón), celebraron no día de hoxe, unha xornada especial de entroido.

Durante toda a mañá as educadoras caracterizaron aos alumnos de superheroes e heroínas, entre os que nos podíamos atopar a batman, superman, capitán américa… e en xeral aos personaxes máis destacados do mundo do comic.

IMG-20170224-WA0003

Luns de Entroido

E seguindo cos festexos propios desta época, o luns celebrarán na EIM de Boqueixón unha festa de disfraces na cal non faltará o xa tradicional concurso de filloas que xa vai pola súa XIII edición, no cal participan todas as familias da escola, un desfile de disfraces individuais e en grupo e unha degustación de filloas e postres típicos de Entroido. Haberá moitas sorpresas para todos.

 

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025