Conmemoración do Día Internacional da Muller

O Concello de Boqueixón únese á conmemoración do día Internacional da Muller, unha data que recorda a loita pola consecuención da igualdade entre homes e mulleres, unha loita que é, e debe ser, constante e diaria,  xa que: Todos os días son 8 de marzo.

Os nenos e nenas que participan na Ocioteca Municipal, elaboraron o pasado venres, nunha xornada dedicada a traballar esta temática, un mural co lema da campaña deste concello: “Hoxe non quero bicos, tampouco flores, quero igualdade”. Este mural preside a fachada da Casa Consistorial coa pretensión de facer chegar a mensaxe a toda a veciñanza, pois é labor de todas as persoas traballar para eliminar todas as desigualdades que seguen a poñer límites ás mulleres.

Feliz 8 de marzo a todas, feliz Día da Muller!

IMG-20170303-WA0025

IMG-20170308-WA0002

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025