Prazo de solicitude de prazas de novo ingreso e renovacións para a Escola Infantil Municipal Raíña Lupa de Boqueixón

IMG_20170223_102947

O prazo de solicitude de prazas de novo ingreso e renovacións para a Escola Infantil Municipal Raíña Lupa” de Boqueixón, estará aberto do 1  ao 30 de abril de 2017.

Requisitos:

Estar empadroado no termo municipal.

Idade de ingreso:

Idade mínima: ter cumprido os tres meses na data de ingreso.
Idade máxima: non ter cumprido os tres anos de idade ao 31 de decembro de 2017.

Documentación a achegar coa solicitude:

  • Fotocopia compulsada do libro de familia.
  • Fotocopia compulsada do DNI da nai/pai titora ou titor.
  • Certificado de empadroamento e convivencia.
  • Última declaración do IRPF (2015) ou certificación negativa de facenda de non tela presentada, se é o caso certificación de prestación económica para desempregados do INEM.
  • Última nómina, e se é posible contratos de traballo. No caso de ser autónomo fotocopia do último recibo de pago do banco.
  • Nos casos de deficiencias ou enfermidades alegadas polos membros da unidade familiar, certificado médico acreditativo.
  • No caso de minusvalías físicas, psíquicas ou sensoriais, informe do grao minusvalía, así como da necesidade de integración.
  • Documentación acreditativa de incidencias (separación, abandono do fogar, etc…).
  • Informe de Servizos Sociais nos supostos que sexan necesarios.

Prégase traer a documentación completa á hora de facer a solicitude ou renovación.

Máis información: Departamento de Servizos Sociais do Concello. Tel: 981 513 061.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025