II Trofeo de Judo Concello de Boqueixón

Cartel trofeo de Judo

O vindeiro sábado 29 de abril, o Pavillón Municipal de O Forte, acollerá o II Trofeo de Judo Concello de Boqueixón.

Este campionato, organizado en colaboración co Judo Club Compostela, enmárcase dentro dos obxectivos de promoción e fomento do deporte e actividade física que o Concello de Boqueixón está a levar a cabo, xa que se aposta polo Judo como actividade dentro da oferta de Escolas Deportivas Infantís Municipais polos seus valores deportivos e tamén educativos.

Agardase que esta xornada sexa de convivencia entre os mozos e mozas deportistas de Boqueixón e os participantes de outros clubes da comarca en torno a práctica dunha disciplina deportiva saudable.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025