II Trofeo Concello de Boqueixón de Judo

Hoxe celebrouse con gran éxito de público e participantes o II Trofeo Concello de Boqueixón de Judo. Máis de 200 nenos e nenas de Brión, Teo, Ames, Santiago, Ferrol e por suposto da Escola de Judo de Boqueixón xuntáronse nunha xornada deportiva e de competición na que os participantes demostraron o seu entusiasmo por participar.

O Concello de Boqueixón aposta polo Judo na súas escolas deportivas municipais polos seus valores educativos na formación dos cativos.

No evento estiveron presentes o alcalde de Boqueixón,Manuel Fernández Munin e  concelleira de deportes, Mari Botana, os cales fixeron entrega das medallas aos participantes.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025