Ábrese o prazo de inscrición para unha viaxe a Ibiza no mes de agosto

viaxe-1 (2)

O Departamento de Xuventude do concello de Boqueixón organiza unha viaxe de verán a Ibiza do 16 ao 23 de agosto.

  • Poderán participar na viaxe os mozos e mozas de Boqueixón con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, no caso de quedar prazas vacantes ampliaranse as idades de participación.
  • O prezo é de 275€ para estudantes e desempregados e de 325€ para os demais. O pago poderase facer todo xunto ou fraccionado.
  • Inclúe: voo, facturación, seguro de viaxe, traslados,  aloxamento en media pensión e 3 excursións (Ibiza cultural con entrada a museos incluída, San Antonio e mercado hyppy e Santa Eulalia e pobos de interior).
  • As prazas son limitadas e adxudicaranse por orde de inscrición e pago, ata cubrir prazas.
  • Serán admitidas as baixas con posterior devolución do importe pagado sempre que sexa por causa xustificada.

FICHA INSCRICIÓN

 

 

Adxuntos

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025