Charlas informativas sobre a factura da luz

S45C-317051113090_01A Asociación de Consumidores Adicae e o Concello de Boqueixón organizan dúas charlas para informar detalladamente sobre a factura da luz e aprender a reducila.

Adicae é unha asociación adicada á defensa de tódolos consumidores e usuarios ante os abusos que se producen cada día por parte das empresas suministradoras de bens e servizos. Entre os seus obxectivos, atópase a formación da sociedade en xeral, sobre cuestións relacionadas co consumo.

  • 18 de maio  –  18:00 – Casa da Cultura de Camporrapado
  • 26 de maio  –  20:00 – Local Social de Lestedo

 

 

 

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025