Subvención para a rehabilitación en edificios e vivendas situadas no ámbito da Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) dos Camiños de Santiago de Compostela

Orde do 22 de decembro de 2015 pola que se abre o prazo para solicitar a participación para actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito da área de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, no marco do Programa de rexeneración e renovación urbanas do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016 e se establecen as bases reguladoras deste programa (DOG nº 246 do 28/12/2015).

Orde do 29 de maio de 2017 pola que se modifica a Orde do 22 de decembro de 2015 pola que se abre o prazo (…) e se procede á súa convocatoria para o ano 2017. (DOG nº 112 do 14/6/2017) VI408H (Consellería de Infraestruturas e Vivenda).

Obxecto: Financiar actuacións de rehabilitación en edificios e vivendas situadas no ámbito da Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) dos Camiños de Santiago de Compostela e que conten coa resolución de cualificación definitiva do IGVS.

Beneficiarias: As comunidades de propietarios/as, as agrupacións de comunidades de propietarios/as e as persoas físicas propietarias únicas de edificios ou de vivendas que estean en posesión da correspondente cualificación definitiva.

Contías: Os solicitantes poderán financiar con cargo a estas axudas ata o 35% do orzamento subvencionable das obras, cun límite máximo de 11.000 euros  por vivenda.

Traxecto: Camiño da Prata II  no Concello de  Boqueixón, son  beneficiarias todas as vivendas  das parroquias  de: Lestedo e  Sergude

DOCUMENTACIÓN NECESARIA (para a cualificación provisional):

  • Fotocopia compulsada do DNI ou NIF da persoa propietaria.
  • Proxecto ou memoria das actuacións de rehabilitación que se pretenden realizar, redactada por técnico/a competente.
  • Plano da situación da vivenda.
  • Certificado do inicio das obras, no caso de obras iniciadas con anterioridade á data da publicación desta orde, emitido polo/a técnico/a responsable da obra ou, no seu caso pola empresa contratista.

 PRAZO DE SOLICITUDE: Rematará o 30 de novembro de 2017 e, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario.

DOCUMENTACIÓN E MÁIS INFORMACIÓN: Poden dirixirse ao Servizo Social do Concello ou ben chamar ó teléfono 981 51 31 06

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025