O 10 de agosto publicouse a convocatoria de becas xerais  para estudantes que cursen estudos postobligatorios (universitarios e non universitarios).
ESTUDOS NON UNIVERSITARIOS
As becas xerais para estudos non universitarios diríxense a estudantes que estean matriculados nalgún dos seguintes niveis:
- Bacharelato
 - Formación Profesional de Grao Medio e de Grao Superior
 - Ensinanzas Artísticas Profesionais
 - Ensinanzas Deportivas
 - Ensinanzas Artísticas superiores
 - Estudos relixiosos superiores
 - Estudos militares superiores
 - Estudos de idiomas en Escolas Oficiais, incluida a modalidade de distancia
 - Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior, impartidos en centros públicos e privados concertados
 - Formación Profesional Básica
 
A presentación de solicitudes é de xeito telemático e o prazo remata o 3 de outubro
ESTUDOS UNIVERSITARIOS
As becas xerais para estudos universitarios dirixense a estudantes que estean matriculados nalgún dos seguintes niveis:
- Ensinanzas universitarias adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior conducentes a títulos oficiais de Grao e de Máster.
 - Ensinanzas universitarias conducentes aos títulos oficiais de Licenciado, Inxeñeiro, Arquitecto, Diplomado, Mestre, Inxeñeiro Técnico e Arquitecto Técnico.
 - Curso de preparación para acceso á universidad de maiores de 25 anos impartido por universidades públicas.
 - Complementos de formación para acceso u obtención dol título de Máster e créditos complementarios para a obtención do título de Grao ou para continuar estudos oficiais de licenciatura.
 
Non se inclúen nesta convocatoria as becas para a realización de estudos correspondentes ao terceiro ciclo ou doutorado, estudos de especialización nin títulos propios das universidades
A presentación de solicitudes é de xeito telemático e o prazo remata o 17 de outubro
Mais información http://www.mecd.gob.es/educacion/mc/becas-generales/2017-2018/inicio.html