Charla informativa sobre violencias machistas

26 mozas e mozos de 3ªESO do CPI Antonio Orza Couto participaron na tarde de onte na charla informativa “Igualdade, xénero e violencias de xénero” dinamizada por Lourdes Pazo e Tatiana Conde, profesionais do Programa Vagalume (programa de atención integral a mulleres en contextos de prostitución e/ou vítimas de trata con fins de explotación sexual).

Esta actividade está enmarcada nas actuacións da Rede de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero que promove a Secretaría Xeral da Igualdade e a FEGAMP, da cal forma parte o Concello de Boqueixón. O alumnado recibiu información sobre as diversas manifestaciòns da violencia machista, estereotipos, micromachismos e mitos.

As accións destinadas á prevención, información e sensibilización da mocidade do noso munipio continuarán no vindeiro trimestre académico coa realización, un ano máis, do Obradoiro de Prevención da Violencia de Xénero en Adolescentes, organizado e imapartido polo persoal do Centro de Información á Muller.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025