Peche do ciclo de teatro

Esta fin de semana temos unha intensa e variada actividade no peche do Ciclo de Teatro de Outono.

Na Casa da Cultura de Camporrapado o venres 15 ás 19:00 h. contaremos cun espectáculo de monicreques da compañía Garabato de Xogos.

O domingo 17 ás 18:00 h. a actuación de música, teatro e humor dos Tres Tenedores, cancelada o pasado domingo, por mor do temporal.

 

Os dous espectáculos van dirixidos a público infantil-familiar.

Tamén o domingo 17, na Feira de Lestedo, agárdanos un divertido espectáculo de circo-clown “El autoestopista intergaláctico” da compañía Pistacatro.

Non os perdas!!

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025