Alleamento mediante poxa dun vehículo contra incendios

CORRECCIÓN DE ERROS 

No anuncio publicado no BOP núm. 14 do día 19 de xaneiro de 2018 detectouse un erro e onde dí: Adxudicación: O ben será adxudicado ó licitador que oferte o prezo máis baixo  debe dicir: Adxudicación: O ben será adxudicado ó licitador que oferte o prezo máis alto.

O prazo para a presentación das ofertas, prorrogarase en 10 días naturais que se contarán a partires da publicación deste anuncio no BOP.

____________________________________________________________________________________________________________________

Obxecto: Venda do seguinte vehículo:

Lote Único: Camión contra incendios .

Marca: PEGASO.         Tipo: D95TEGX

Matricula: C-6531-BM

Data matriculación: 29/11/1995

Accesorios: Equipado con cisterna capacidade 4000 litros.

Prezo: 600,00 euros

Participantes: Todas as persoas que teñan capacidade para contratar

Documentación:

Presentaranse dous sobres pechados:

Sobre A: DOCUMENTACION ACREDITATIVA DA PERSONALIDADE DO OFERTANTE

Documento Nacional de Identidade.

Poder, si se actúa en nome doutra persoa.

Escritura constitución da sociedade inscrita no rexistro correspondente.

Sobre B: conterá a OFERTA ECONOMICA, que se axustará ao modelo do anexo.

Prazo de presentación: será de 10 días naturais contados a partires do seguinte á data de publicación deste anuncio no BOP. No caso de que o último día do prazo sexa sábado ou festivo, queda prorrogado ata o día hábil seguinte.

Estado do ben: Véndese no seu estado actual de conservación que se poderá comprobar mediante visita chamando ó tlf. 981 513 061

Adxudicación: O ben será adxudicado ó licitador que oferte o prezo máis baixo

Gastos: Serán por conta do adxudicatario os gastos derivados da venda, impostos e anuncios.

Mais información nos pregos que se adxuntan.

prego alleamento

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025