A Asociación Terras de Compostela organiza un Intercambio Xuvenil en Cerdeña do 10 ao 16 de novembro dirixido a mozos e mozas de entre 18 e 25 anos

A Asociación Terras de Cmpostela está a seleccionar 5 mozos e mozas de entre 18 e 25 anos para participaren no Intercambio Xuvenil  «NEW IS COOL», que se desenvolverá en Cerdeña do 10 o 16 de novembro.

Daráselle prioridade na selección aos seguintes perfís:

  • Mozos e mozas que abandonaron os seus estudos e mais tarde decidiron retomalos.
  • Mozos e mozas que vivan en zonas rurais ou con menos oportunidades económicas e sociais
  • Mozas e mozas con dificultades de aprendizaxe como dislexia.

Tratarase que haxa 1 participante a lo menos de cada un dos perfís anteriores.

A ficha de inscrición pódese descargar aquí. Para máis información, contactar coa Asociación Terras de Compostela a través do teléfono 617 129 702 ou a través do correo electrónico info@terrasdecompostela.org.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025