Convocatoria ó tribunal de selección do proceso selectivo para a elaboración da bolsa de emprego de Educadores/as para a EIM do Concello de Boqueixón

O Concello de Boqueixón vén de publicar o decreto correspondente á convocatoria do tribunal de selección do proceso selectivo para a elaboración da bolsa de emprego de Educadores/as Infantís para a Escola Infantil Municipal do Concello de Boqueixón. A data para a celebración da valoración de méritos das persoas candidatas establécese no mércores 20 de febreiro ás 09.30 horas no Salón de reunións do Concello de Boqueixón.

Pódese consultar o decreto completo no arquivo adxunto ou premendo aquí:  resolucion-lugar-e-datas-reunion-tribunal

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025