Máis de 60 persoas gozaron da segunda ‘Noite de Cine’ do Concello de Boqueixón

Máis de 60 persoas participaron o venres na segunda sesión do programa Noite de Cine organizado polo Concello de Boqueixón en colaboración coa Deputación da Coruña. A cita desenvolveuse no Campo da Festa de Camporrapado, na parroquia de Oural, e ofreceuse a proxección do filme de animación Maimiño, dirixida a público familiar.

A última cita do programa Noite de Cine terá lugar o venres 6 de setembro no Campo da festa da parroquia de Lestedo e poderase ver a película Coco. A proxección comezará ás 22.00 horas e a entrada é de balde.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025