A Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio organiza un obradoiro de elaboración de Sancosmeiros en colaboración co Concello, a Deputación e Ramsa

A Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio vén de abrir o prazo de inscricións para ao seu Obradoiro de Elaboración de Sancosmeiros. Esta iniciativa está impulsada pola agrupación en colaboración co Concello de Boqueixón, a Deputación provincial da Coruña e a empresa Ramsa.

As sesións desenvolveranse os sábados 5 e 19 de outubro; 2, 16 e 30 de novembro, e 14 e 28 de decembro no pazo da feira de Lestedo. O horario será de 16.00 a 19.00 horas e as clases serán impartidas por Trenzarte.

O prezo do obradoiro é de 60 euros para as persoas asociadas e de 75 para as non asociadas. As prazas están limitadas a 12.

Para formalizar a matrícula ou para ampliar información deberase remitir un e-mail a acmestremanuelgacio@gmail.com ou chamar ao teléfono 664 444 528.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025