Os usuarios do Programa de Prevención da Dependencia celebraron o Entroido por todo o alto

Os participantes do Programa de Prevención da Dependencia festexaron por todo o alto o Entroido no local social de Vigo, onde actualmente ten lugar esta actividade coordinada por María Pereira. Todos e cada un dos usuarios deste servizo estiveron disfrazados durante toda a tarde cos completentos máis orixinais, e tiveron ocasión de degustar os produtos típicos do Entroido elaboradosde forma artesanal. Así, entre todos compuxeron un menú con orellas, filloas, rosquillas e outros doces, e con chourizos e chicharróns.

A concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Ana Seijo, tamén participou desta divertida xornada, e puido degustar estes manxares de Entroido.

 

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025