O Concello de Boqueixón entregará mascarillas a todos os veciños vulnerables, aos que teñan citas médicas e aos que as precisen por motivos laborais

O Concello de Boqueixón pon máscaras quirúrxicas a disposición dos veciños máis vulnerables, daqueles que teñan citas médicas e hospitalarias nos vindeiros días e dos que as precisen para acudir ao seu posto de traballo. A institución local recibiu material recentemente por parte da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña, ademais dende o propio Concello adquirironse 4.000 máscaras con fondos municipais. As persoas que estén interesadas en adquirir este material sanitario, poderán facelo a través do teléfono de contacto 981 513 061, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Unha vez que o usuario se poña en contacto coa administración local, outorgarase una cita para a recollida do material, establecendo un día e hora concreta para evitar aglomeracións. 

Dende o Concello de Boqueixón estase facendo un seguimento continuo da situación de alarma sanitaria entre os veciños do municipio, e de forma periódica ten lugar unha comisión que coordina todos os servizos para os cidadáns, as labores de limpeza e establece as medidas de seguridade. 

Ademais a través da páxina web do Concello e das redes sociais, estase difundindo toda a información útil posible, cos números e os enderezos para reclamar calquer tipo de axuda, e os recursos e ferramentas dixitais das que dispoñen para que o confinamento sexa máis levadeiro. 

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025