Escolares de Educación Infantil e Primaria aprenderon a crear orixinais adornos navideños no segundo ‘Venres de Lecer’

Doce escolares de Educación Infantil e Primaria participaron na segunda sesión do programa Venres de Lecer. Esta iniciativa, que está a desenvolver o Concello de Boqueixón, ofrece actividades para as crianzas centradas na temática das vindeiras festas.

Así, na xornada do pasado venres, os nenos e as nenas asistentes aprenderon a crear uns vistosos adornos navideños. Estos consistiron en esferas de neve, cuxo interior decoraron deixando voar a súa imaxinación.

Co fin de cumprir con todas as medidas de prevención contra a expansión da COVID-19, as 12 crianzas participantes dividíronse en dous grupos de 6. A sesión desenvolveuse en distintas aulas do CPIP Antonio Orza Couto.

A última xornada dos Venres de Lecer terá lugar este 18 de decembro. Nesta ocasión, as actividades, que se desenvolverán entre as 15.30 e as 18.00 horas, estarán dirixidas a escolares de 3º e 4º de Educación Primaria. As prazas dispoñibles xa están completas.

Dende o Departamento de Educación e Cultura do Concello de Boqueixón valoran moi positivamente a boa resposta que está a ter este programa de lecer. Cómpre lembrar que as actividades son todas de balde.

 

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025