Resolución do 12 de maio de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca para o ano 2021 o programa de axudas para a concesión das estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas (DOG nº 100 do 31/5/2021) SI447A

O Concello de Boqueixón informa sobre a resolución do 12 de maio de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca para o ano 2021 o programa de axudas para a concesión das estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas (DOG nº 100 do 31/5/2021) SI447A. 

Obxecto

Facilitarlles ás mulleres, preferentemente vítimas de violencia de xénero, que teñan fillas ou fillos menores e/ou menores en acollida, exclusivamente ao seu cargo, un espazo e un tempo desligado da súa situación habitual e no cal poidan intercambiar experiencias a través da convivencia nun espazo de lecer, reforzando o seu vínculo materno-filial nun ambiente de seguridade, respecto e bo trato como modelo de convivencia.

Prazas e duración

Convócanse ata un máximo de 90 prazas, cunha duración de entre 7 e 9 días, en réxime de pensión completa, e desenvolveranse preferentemente entre finais do mes de xuño e principios do mes de setembro.

Condicións económicas

Os gastos de aloxamento, en réxime de pensión completa, traslado de ida e volta desde o seu concello de residencia, equipo de monitoras/es e actividades complementarias serán gratuítos para as persoas beneficiarias, e serán por conta da Secretaría Xeral da Igualdade.

Requisitos das persoas beneficiarias

  1. Ter fillas ou fillos menores e/ou menores en acollida, exclusivamente ao seu cargo e con idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos.
  2. Non convivir con parella afectiva.
  3. Estar empadroada e ter residencia efectiva en calquera dos concellos da CA de Galicia. No caso das mulleres estranxeiras, tamén será necesario ter permiso de residencia e de traballo.
  4. Que a media dos os ingresos brutos mensuais da solicitante non superen o límite do importe de 1,5 veces o IPREM  vixente, nos seis meses anteriores á data de presentación da solicitude.
  5. Non padecer ela, nin as fillas/os menores e/ou menores en acollida que a acompañen, unha enfermidade que requira illamento e/ou que impida a normal convivencia.

 Documentación

  1. Copia do libro de familia, certificación expedida polo Rexistro Civil ou calquera outro documento que acredite fidedignamente a relación materno filial.
  2. Informe social, sentenza xudicial de custodia ou calquera outro documento que acredite que as/os fillas/os están exclusivamente ao seu cargo.
  3. Nos casos de menores en acollida, a cargo, deberá achegarse copia da resolución xudicial acreditativa da dita situación ou da resolución administrativa acreditativa da dita situación se non fose expedida pola Xunta de Galicia.
  4. Copia da certificación acreditativa da discapacidade da solicitante ou das súas fillas/os menores e/ou menores en acollida, a cargo, cando non fose expedida pola Xunta de Galicia, de ser o caso.
  5. Documentación que xustifique os ingresos da solicitante declarados no punto 1 do anexo I.
  6. Documentación acreditativa da condición de vítima de violencia de xénero por calquera dos medios previstos no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, de ser o caso.
  7. Informe do centro de acollida para vítimas de violencia de xénero que acredite que a solicitante está a residir nel, de ser o caso.
  8. Informe médico do Sergas, referido tanto ás mulleres como as súas fillas/os menores e/ou menores en acollida, que a vaian acompañar, no que conste que non padecen ningunha enfermidade que requira illamento e/ou impida a normal convivencia.
  9. Anexo II, de ser o caso.
  10. Outra documentación.

Lugar de presentación

Preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo

Ata o 30 de xuño de 2021

Máis información

Servicios Sociais e CIM do Concello, nos teléfonos: 981513106 ou cim@boqueixon.gal.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025