O Concello de Boqueixón apoia a conmemoración do Día da Diversidade Sexual coa campaña de sensibilización da Deputación da Coruña ‘Liberdade de ser e sentir’

Co gallo da conmemoración do 28 de xuño “Día da Diversidade Sexual”, o Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Boqueixón colabora coa Deputación Provincial da Coruña na difusión da campaña de sensibilización “LIBERDADE DE SER E SENTIR!” .

Apóstase por visibilizar a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero.

Con este propósito de normalizar e sensibilizar á sociedade sobre as diversidades sexuais, levaranse adiante actividades de contacontos infantil e pílulas divulgativas en formato dixital, difusión de materiais didácticos, xogos interactivos e a celebración dunha palestra na que entidades de diversos colectivos abordarán os retos de futuro da diversidade sexual.

Estes e outros recursos e contidos estarán dispoñibles na web seresentir.gal a partires do 8 de xuño.

#seresentir #DeputacióndaCoruña

 

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025