O ritmo de Odaiko «contaxiou» a máis dun cento de veciños e veciñas de Boqueixón

A carballeira do campo da feira de Lestedo converteuse esta fin se semana nunha improvisada pista de baile na que máis dun cento de veciños e veciñas, na súa maioría nenos e nenas, bailaron ao ritmo que marcaron Odaiko e os seus distintos instrumentos de percusión. O  novo espectáculo musical, «Vaia ritmo», conectou de inmediato co público, que desfrutou do bo facer dun grupo que leva máis dunha década enriba dos escenarios achegando a música a todas as idades.

Un concerto organizado polo Concello de Boqueixón en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña.

 

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025