Bradomín Teatro porá en escena a comedia «Un convento moi contento» este domingo 21 de novembro en Camporrapado

A Casa da Cultura de Camporrapado acollerá este sábado 21 de novembro, ás 17:30 horas, a terceira sesión do ciclo de teatro BocAberta, dirixido a un público adulto e programado polo Concello de Boqueixón  en colaboración coa Deputación da Coruña. Nesta ocasión, os veciños e veciñas desfrutarán da comedia «Un convento moi contento», de Bradomín Teatro.

«Un convento moi contento» é un espectáculo dirixido e guionizado por Lois Basallo e conta a historia dun convento ao que chega un novo sacerdote, o que vai desencadeando unha serie de divertidos sucesos. A entrada é de balde, se ben é preciso reservala no Departamento de Cultura, en cultura@boqueixon.gal ou no 981 513 115.

O ciclo de teatro BocAberta pecharase o vindeiro domingo 28 de novembro con «Chola, a it girl!», de Artesacía Teatro.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025