Oferta de emprego: Cociñeiro/a para cafetería de hotel en Santiago

O Concello de Boqueixón informa de que Eurofirms busca cociñeiro/a para cafetería de hotel emprazado en Santiago de Compostela (A Coruña). As características da oferta son:

Descrición: A posición do traballo é a cociña da cafetería dun prestixioso hotel emprazado en Santiago de Compostela. A persoa seleccionada encargarase de realizar pratos dunha carta simple: hamburguesas, sandwich, ensaladas, croquetas… polo tanto empregará fritideiras e pranchas. Necesario experiencia previa en postos similares e valorable residencia próxima ao posto de traballo.

Funcións:

  • Elaboracións de menús simples.
  • Inventario de provisións.
  • Mantemento da orde e limpeza do lugar de traballo.
  • Manipulación de alimentos.
  • Entre outras propias do posto.

Requisitos:

  • Experiencia mínima dun ano en postos similares.
  • Búscase a unha persoa dinámica e proactiva.
  • Valorable residencia próxima ao posto de traballo.

Formación: GM/GS en rama de hostalería.

Horario: de 12:30h.  ás 16:00h. y de 19:30h.  ás 23:30h, aproximadamente, distribuído en cinco días á semana con descanso de dous días continuados

Salario: a concretar

Inscricións: as persoas interesadas terán que remitir o CV a santiago@eurofirms.com ou poden inscribirse directamente na oferta neste enlace:

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025