Curso gratuíto de Inglés B2 para persoas traballadoras ocupadas

O Concello de Boqueixón informa dun Curso Gratuíto de Inglés de Nivel B2 organizado por Coesco e subvencionado ao 100% polo Plan de Formación no Xacobeo da Xunta de Galicia. A iniciativa está dirixida especialmente a persoas traballadoras ocupadas, pero se non se cubriran a totalidade das prazas tamén poderían participar persoas en situación de desemprego.

O curso terá unha duración de 250 horas (240 horas de inglés e 10 horas máis de formación transversal), entre o 2 de xuño e o 16 de agosto. O horario será de 15:00 a 20:00 horas.  Máis información no teléfono 986 572 025, no whatsapp 667 703 711  ou  no mail coesco@coescoformacion.com.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025