O Concello de Boqueixón promove a posta en marcha dun Marketplace para dinamizar o comercio local

O Concello de Boqueixón está a promover a posta en marcha dunha iniciativa para dinamizar o comercio local: a creación dun Marketplace, un espazo gratuíto de venta en liña onde os distintos establecementos comerciais do municipio poderían poñer os seus produtos á disposición do público.

Para informar sobre esta nova proposta, o Concello organiza unha reunión explicativa que terá lugar este venres 10 de xuño, ás 20:30 horas, no salón de plenos do Concello. Para asistir, cómpre formalizar inscrición previa a través do enderezo electrónico emprego@boqueixon.gal ou no teléfono 981 513 061.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025